Final disputada a vivida o sábado no antigo recinto do gando con dous grupos que loitaban por facerse co Concurso de maquetas que lles outorga un oco no festival do Millo Verde. O p´bulico co seu voto decidiu dar esa praza ao grupo de rock, funk e soul The Mirror Music quednado en segundo lugar a ferrolá Lidia India.
The Mirror nace en 2018 froito da unión de varios músicos de proxectos diferentes con longas traxectorias no mundo da música, que decidiron poñerse a traballar xuntos cun claro obxectivo: crear unha banda de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Así, Tania Rodríguez (vocalista), Alejandro Vasconcellos (vocalista e guitarrista), Óscar Román (baterista), Gorio Álvarez (baixista – actualmente é Mikel Román) e Pablo Doallo (guitarrista – actualmente é Rubén Carrera), formaron unha banda que lles permitiría levar aos escenarios as súas propias creacións musicais.
Unha banda que volveremos escoitar en directo xa no festival de xuño, que se desenvolverá entre os días 9 e 11 na praia de Cesantes e que ten xa confirmadas outras actuacións como a orquestra chilena Newen Afrobeat.