Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acordo en Soutomaior en defensa dos ríos Verdugo e Oitavén

verdugo

O portavoz municipal do Bloque, Manu Lourenzo, defendeu a moción presentada pola formación nun pleno de urxencia celebrado na mañá de hoxe. A moción, aprobada por unanimidade, insta ao Concello a trasladar tanto á Xunta como a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil o seu rotundo rexeitamento á proposta de construción do encoro de Forzáns e o transvase do Río Verdugo.

Lourenzo explicou que con este acordo tamén se esixe a ambas administracións “unha xestión dos recursos hídricos respectuosa co medio ambiente” dos concellos de Soutomaior e Pontecaldelas, principais afectados pola construción dun encoro en Forzáns ou polo transvasamento de Verdugo e Oitavén.

Neste sentido, o tamén deputado do Parlamento afeou que na xornada de onte, a conselleira de Infraestruturas non rexeitase a construción dese encoro, ante unha pregunta que o propio Lourenzo realizou no pleno. “A Xunta segue a negarse a desbotar a posible construción dunha presa en Forzáns, pese a que llo preguntamos directamente”, manifestou.

O nacionalista lamentou tamén que a Xunta non enviase aos concellos afectados (Soutomaior e Pontecaldedas) o informe Estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da Provincia de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará