Hoxe é Domingo 22 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera e difunde a súa toponimia

WhatsApp Image 2022-04-29 at 1.21.11 PM

O Concello de Redondela pon en marcha unha iniciativa de cara a recuperar a microtoponimia das parroquias. O proxecto está elaborado a través de tres actuacións principais: a publicación de tres libros centrados nas parroquias de Negros, Vilar de Infesta e Cabeiro, a posta en marcha dunha paxina web e a elaboración dunha unidade didáctica sobre toponimia para traballar nos centros educativos.

Un ambicioso proxecto que se centra na recollida, identificación e localización dos microtopónimos de Redondela. Así a través dos libros escritos por Cora Represas achegarémonos a eses nomes de lugares grazas a un exhaustivo traballo de investigación e estudo das parroquias analizadas, concretamente a de Negros, Vilar de Festa e Cabeiro, coñecendo a súa orixe histórica e evolución.

Cora Presas Fixo o estudo de cada microtopónimo”, conta o técnico.

Durante a presentación destas iniciativas, o técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez recalcou a singularidade da páxina web “toponimia.redondela.gal” que, segundo dixo, radica “en que se rexistra o significado da orixe do topónimo e non só o localiza no mapa”. Esta está subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

“Contamos con tipoloxía curiosa que creemos que chamará a atención”, conta Xurxo.

Cos equipos de normalización dos institutos levaron adiante unha Unidade Didáctica na que dirixen actividades relacionadas coa toponimia para a ESO e Bacharelato. Cada curso terá actividades de diferentes niveis de dificultade, chegando a traballar a cartografía. Os rapaces de maior idade poderán subir o seu traballo sobre microtopónimos á páxina web Galicia Nomeada, un proxecto colaborativo coa Real Academia Galega e a Xunta. Segundo Xurxo Martínez, “este é un traballo completo para a posta en valor e en definitiva a conservación da toponimia de Redondela”

“Xa hai outros concellos interesados en implantar a Unidade Didáctica”, destaca o organizador.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas das gracias as escolas e a deputación pola colaboración estreita no proxecto.  Segundo a alcaldesa, “este é o principio para o que queremos facer en Redondela e seguiremos profundando cos equipos de normalización dos institutos”.

“É un traballo longo pero moi necesario”, Digna Rivas.

Os libros aínda non están dispoñibles debido a problemas loxísticos derivados da folga de transportes e a guerra de Ucraína. A intención é que estean canto antes a disposición do público xeral e académico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará