Unha falta directa anotada por Gabriel, xogador do Xiria, co tempo xa cumprido daba a vitoria pola mínima ao equipo local. Un partido moi igualado disputado en Carballo que rematou co resultado de 32-31. A SAR xogará na vindeira semana en Redondela, recibe ao equipo de La Laguna.
Choque con alternancia de dominio no marcador que non se resolvería ata o último minuto de partido. Durante todo o encontro ningún dos dous equipos logrou distanciarse máis de tres puntos do rival chegándose ao descanso con vantaxe para a SAR por 15-17.
Un resultado moi igualado que continuou ata o final do partido cando, xa co tempo cumprido, o xogador do Xiria, Gabriel Castiñeiras foi o encargado de lanzar unha falta directa que convertería en gol e no definitivo 32-31.
Na vindeira fin de semana último partido na casa da tempada ante o Tejina La Laguna na Bomboneira, partido crucial para poder garantir a permanencia.
O Rodosa Chapela lograba a vitoria na súa visita ao campo do Carballal. 29-30 foi o resultado dun partido que non lles chega aos de Chapela para saír do pozo da táboa. Con tan só 7 puntos son pechacancelas do grupo e na vindeira semana repiten como visitantes, no campo do Ingenio.