Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior instala un punto de carga de vehículos eléctricos no peirao de Arcade

recarga elétrico

Poderase utilizar sen custo durante o tres primeiros meses e durante un ano para os usuarios empadroados

O Concello de Soutomaior segue dando pasos adiante para facilitar a transición cara á mobilidade eléctrica dos seus veciños. Para iso, esta mañá púxose en servizo o primeiro punto de recarga do municipio, situado no Peirao de Arcade, unha das zonas máis transitadas durante o verán. Proximamente entrarán en servizo os puntos de carga instalados na rúa Rosalía de Castro e na Casa do Concello.

O novo cargador ten unha potencia de 22kw e pode fornecer electricidade a dous vehículos simultaneamente a través dos seus conectores de Tipo2, o estándar dos vehículos eléctricos en cargadores de potencia media. O cargador funciona accedendo a través dunha aplicación móbil coa que o usuario poderá buscar máis puntos de recarga para planificar unha ruta ou comprobar o consumo do seu vehículo, entre outras funcións.

O servizo de carga será totalmente gratuíto para todos os usuarios durante o tres primeiros meses, un prazo que os veciños empadroados no Concello de Soutomaior verán ampliado a un ano como parte do programa municipal de accións contra o cambio climático.

Impacto no turismo

Outro dos beneficios da instalación destes puntos de carga de vehículos eléctricos no municipio é o seu impacto como valor para atraer visitantes. Neste sentido o rexedor local, Agustín reguera, salientou que “dispor desta clase de infraestruturas permite que os donos de vehículos eléctricos, que necesitan planificar as súas viaxes dependendo dos puntos de carga, poidan ter a Soutomaior entre os seus destinos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará