Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Pedro Floriani abre o prazo de matrícula para cursar o Bacharelato de Artes en Redondela

pedro

As persoas interedasas deberán formalizar a súa solicitude entre o 3 e o 9 de maio. No caso de haber alumnado suficiente, impartirase en quenda de maña e, para adaptar os espazos do instituto, realizaranse as obras pertinentes durante o verán

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de abrir o prazo de inscrición para o alumnado interesado en cursar o vindeiro curso o novo Bacharelato de Artes (vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño) do IES Pedro Floriani (Redondela). A autorización destas ensinanzas no centro dá resposta á demanda da comunidade educativa redondelá.

O novo Bacharelato impartirase en quenda de mañá. Para adaptar os espazos do centro, a Consellería realizará as pertinentes obras no instituto ao longo do verán. Desta forma, e de acadarse a matrícula suficiente, os alumnos poderán cursar estas ensinanzas o vindeiro curso.

Dado que o proceso de autorización destas ensinanzas se iniciou logo do remate do prazo de presentación de solicitudes, a Consellería pon a disposición do alumnado de Redondela un sistema extraordinario. Desta forma, o IES Pedro Floriani abre un prazo de solicitudes (do 3 ao 9 de maio, ambos inclusive) para que o alumnado interesado que está a cursar 4º de ESO no centro, e que no proceso ordinario de admisión, solicitou praza noutros institutos, solicite de forma presencial continuar cursar o Bacharelato de Artes e renunciar á solicitude anterior. Admitirase a mesma solicitude do alumnado que está a cursar a ESO noutros centros docentes e solicitou praza de Bacharelato en distintos centros públicos ou privados, así como a do alumnado que non presentou solicitude en ningún centro.

No caso que se reciban máis solicitudes que prazas se ofertan, terá prioridade o alumnado que está a cursar 4º de ESO no IES Pedro Floriani, aplicando para o resto os criterios xerais de admisión. A relación definitiva de admitidos publicarase no prazo ordinario, ata o 15 do próximo mes de maio. En calquera caso, o alumnado que non acade praza no Pedro Floriani manterá a solicitada inicialmente noutro centro.

A Inspección educativa reunirase na xornada de mañá coas direccións dos institutos de Redondela para informalos de todo este proceso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará