Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Sorda” e “Orquesta Los Bengalas”, premios de xurado e público no Festival de Curtas Andaina

fic andaina

Miguel Borines fixo entrega do premio a Mellor Curtametraxe 2022 a directora de “Sorda”, Eva Libertad

Un total de 1400 espectadores pasaron pola sala do Multiúsos para participar das diferentes actividades organizadas pola Asociación e asistir as proxeccións das 8 películas a concurso. Este ano Andaina quixo tamén recoñecer o traballo do actor redondelán Miguel Borines, a quen se lle fixo entrega dun premio de honra pola súa longa traxectoria no sector audiovisual e das artes escénicas.

O xurado elixiu nesta ocasión, como mellor curta de ficción a película “Sorda” producida en Murcia e dirixida por Nuria Muñiz- Ortín e Eva Liberdade García. Unha película que relata os medos dunha muller xorda a que o seu fillo poida nacer tamén xordo. Eva Liberdade foi a encargada de recoller o trofeo e agradecer no seu discurso a oportunidade de ser elixida nun festival destas características.

Pola súa banda, o público elixiu entre todos os votos emitidos, a Película “Orquesta Los Bengalas” de David  Valero, como mellor curtametraxe entre as 8 finalistas. Esta cinta relata as dificultades dunha orquestra formada por amigos, cando nun deles empeza a aparecer o alzheimer.

Este ano estreábase tamén o premio á mellor interpretación, que nesta ocasión  recaeu no actor Catalán,  Alexandre  Jordá polo seu papel en “El  Bosc da Quimera”. O propio actor foi quen recolleu o galardón na propia Gala, tras asistir ao festival.

A Sección Documental, contou con catro traballos seleccionados, que se proxectaron na tarde do sábado e onde resultou gañadora a película “Mi vida después del fuego” de Beatriz  Caz e María José  Rochina.

Na sección Novel, que recolle traballos realizados por centros educativos ou de atención a persoas con Diversidade Funcional, foron seleccionadas 5 películas, entre as que resultou gañadora “Por ESO” unha obra producida pola Federación Olívica de ANPAS e a Fundación Igualarche.

A organización fixo entrega dun premio de honra ao actor redondelán Miguel  Borines, pola súa longa traxectoria no sector audiovisual e das artes escénicas.  Borines á súa vez recoñeceu o labor de Asociacións como  Andaina, que grazas ao seu traballo, fan mellorar as condicións sociais e persoais das persoas con diversidade funcional e das súas familias.

A Gala estivo presentada pola actriz e presentadora  Cristina  Maró e ao longo da fin de semana o festival estivo ambientado pola música en directo do grupo Breocans folk.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará