Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comezan os obradoiros ‘Camiño da Lingua’ dirixidos ao estudantado de primaria dos colexios redondeláns

Camiño da Lingua

A iniciativa desenvolverase en diferentes colexio de primaria do Concello e está concibida como “un xogo arredor da lingua”, a través do cal achegarlle aos cativos cultura, tradicións e sociedade a través do vínculo común do noso idioma. Unha proposta organizada dende Normalización lingüística encamiñadas a celebrar o 17 de Maio, Día das Letras Galegas.

‘Camiños da Lingua’ leva aos cursos de primaria unha actividade didáctica, lúdica e participativa concibida como “un xogo a través da lingua” e a través do que búscase que nenos e nenas aprendan distintos aspectos relacionados coa lingua –como poden ser vocabulario, refráns, cantigas…– pero que tamén lles permita coñecer a historia da cultura e da sociedade galega en xeral e da de Redondela en particular.

Serán, en total, 16 obradoiros nos que participarán os colexios de primaria de Quintela, Laredo, Cedeira, Porto Cabeiro, Alexandre Bóveda, Reboreda e Santa Mariña.

“É importante que as nosas nenas e nenos coñezan non só o idioma que nos é propio e que nos identifica como pobo, senón tamén a cultura e a historia de Galicia e Redondela que forman parte da nosa propia identidade”, afirma a alcaldesa Digna Rivas para que, “o único xeito de conservar o noso idioma e mantelo vivo a través do tempo, é que as e os máis pequenos o coñezan e o utilicen”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará