Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica a conta da poda dos plataneiros na contorna de Torres Agrelo

tala árbores

A Agrupación de Electores cualifica a actuación de “arboricidio” e acusan ao goberno de actuar sen ningún informe previo por parte dos técnicos de medio Ambiente do Concello nin dunha xustificación argumentada para levar a cabo unha poda tan drástica.

AER, denuncia o “arboricidio” que vén de realizar o goberno na zona situada ao carón da estrada nacional a Pontevedra, na contorna de Torres de Agrelo. Unha actuación que afectou a varios plataneiros de entre 30 e 40 anos que “foron podados de xeito drástico sen contar con ningún informe previo por parte dos técnicos de Medio Ambiente do Concello nin unha xustificación argumentada para levar a cabo esta actuación. Afirman que se trata “dunha mutilación arbitraria e clientelar que se debe unicamente á demanda formulada a título particular por uns poucos veciños e veciñas da zona”.

Os representantes de AER aclaran ademais que esta forma de actuar do goberno municipal non se trata dunha excepción xa que nos últimos anos son varias as podas drásticas inxustificadas perpetradas no Concello. Entre elas, denuncian as levadas a cabo na contorna do Centro Cultural de Cedeira, no pavillón de deportes de Chapela ou no parque da Miñoteira. “Algunhas destas árbores, como as de Cedeira, tardan anos en recuperarse ou ben xa non se recuperan nunca. Reclamamos seriedade e que a política medioambiental e de parques e xardíns sexa rigorosa sempre baseada en estudos e informes previos realizados polos técnicos”, esixen membros da Agrupación.

A Agrupación recorda tamén que non é necesario facer podas anuais en árbores ornamentais tal e como se está facendo agora e insiste en que, polo ben da veciñanza e por cuestións medioabientais evidentes, permanecerá atenta á actuación do goberno neste punto tan importante para Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará