Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades para conmemorar o Día Mundial da Reciclaxe en Redondela

kaiak

Unha xincana infantil, unha quedada de Observación do Ceo Nocturno e una paseo en Kaiak e pladdle son as propostas que organiza a Concellería de Medio toda a familia e que se  desenvolverán entre maio e xuño co gallo de celebrar o Día Mundial da Reciclaxe. Para reservar praza en calquera das actividades, as persoas interesadas poden facelo a través do teléfono 986 401 715 ou do enderezo de correo electrónico turismo@redondela.gal

A primeira das actividades será unha Xincana Infantil que terá lugar sábado 21 de maio. Cómpre sinalar que esta actividade, foi adiada ata o día 21 ao coincidir a celebración do Día Mundial da Reciclaxe, o 17 de maio, coa celebración do Día das Letras Galegas.

Esta xincana infantil, que se desenvolverá entre as 17 horas e as 20 horas, está pensada para nenos e nenas de máis de 5 anos e o punto de saída será a Praza do Concello. As e os participantes serán distribuídos en equipos de 6 a 8 compoñentes e cun adulto responsable por cada un dos equipos.

Aínda que a actividade é de balde, será precisa inscrición previa e todas e todos os participantes recibirán un agasallo.

O venres 3 de xuño, chegará outra proposta ideada para toda a familia como é unha xornada de Observación do Ceo Nocturno. Trátase dunha actividade de observación astronómica para toda a familia na que, da man dun guía especializado, as persoas participantes recibirán explicacións sobre as estrelas máis importantes, as constelacións visibles e os métodos de orientación que se poden seguir a través do ceo nocturno.

A actividade desenvolverase no campo de fútbol de Tuimil, no Viso, entre as 22:30 horas e as 00:30 horas e será necesaria reserva previa.

Finalmente, o sábado 4 de xuño, a Concellería de Medio Ambiente propón unha actividade centrada na enseada de San Simón, como é un paseo en kaiak e paddle surf que permitirá coñecer os valores naturais da contorna dende unha óptica diferente.

O horario será de 10 h a 14 horas con saída dende o porto de Cesantes. O prezo desta actividade é de 15 euros, prezo bonificado polo Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará