A unhas horas de que remate o prazo extraordinario habilitado pola Consellería para se inscribir no Bacharelato de Artes, dende o Instituto confirman que xa se acadou o número mínimo de alumnos esixidos pola Xunta para poñer en marcha esta modalidade en Redondela.
A través dun comunicado o Centro educativo trasladou unha mensaxe á comunidade educativa en xeral e en particular “para garantir tranquilidade a todas esas familias que solicitaron praza no noso centro, porque xa podemos confirmar que o bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño comezará a ser impartido no IES Pedro Floriani o vindeiro curso escolar 22/23”.
As reclamacións da comunidade educativo tiveran resposta por parte da Consellería cando dende a administración acordaron abrir un prazo de matrícula extraordinario para que todas aquelas familias interesadas en que os seus fillos estudairan este bacharelato se puideran inscribir no Ies Pedro Floriani. Con todo, a súa implantación en Redondela dependía de que se lograse acadar un número mínimo de alumnos, que xa se superou unha vez que a falta de que se peche o prazo hai contabilizados 12 persoas inscritas.
Deste xeito o Instituto Floriaini impartirá no vinderio curso tres liñas de bacharelato, o de humanidades, a rama científico tecnolóxica e o tan demandado bacharelato de Artes.