O Maramar Redondela confirmou esta fin de semana o seu ascenso de categoría, grazas a Vitoria do sábado fronte o Arealonga, cun 8-2. A falta de tres xornadas para que remate a competición, esta vitoria xa os sitúa matematicamente na Terceira División. A regularidade amosada polo equipo ao longo de toda a tempada, así como o permanente apoio dos xogadores doutras categorías son a base do éxito do equipo, ao entender do vicepresidente , Francisco Iglesias.
Clasificarse en Terceira división era un obxectivo moi buscado, logo de dez anos afastados desa categoría. “Estivemos apunto de clasificarnos o ano pasado pero por un erro administrativo non se puido confirmar o ascenso”.
Durante a liga, o equipo xuvenil foi un dos piares de apoio para o equipo Sénior achegando xogadorres c ando había lagunha baixa. “A forza do club reside tamén en que todos os xogadores estean preparados para axudar se fai falta cubrir unha baixa” subliña Iglesias quen resalta a labor da administración e o equipo técnico.
A seguinte tempada vai estar chea de emocións. Atópanse 3 equipos redondeláns en Terceira División, o Pazos, o Campito chapela serán rivais fortes para o Maramar. “Sempre temos un punto de rivalidade necesaria, pero estamos moi contentos de xogar contra estes equipos locais. Nos respectamos moito entre todos”. Estes serán partidos moi disputados e se espera que enchen os pavillóns, pois este ano “ durante o partido contra O Pazos as gradas estaban cheas”.
Entrar nunha categoría superior supón cambios, pero tamén novos retos. A administración vai enfrontarse a un maior esforzo económico e de desprazamento. “A directiva traballa para que o club non teña problemas económicos e xa teñen experiencia en desprazar os equipos base”. O vicepresidente considera que aínda é cedo para pensar na seguinte tempada, pero que “teñen plena confianza nos xogadores que veñen de abaixo” .
O vindeiro sábado 14 enfrontaranse ao Balona Linense. Xogarán máis relaxados, pero sempre á gañar. Aínda que os obxectivos desta tempada estean cumpridos, hai que respectar a afección, a liga e os equipos.