Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela lanza o programa municipal “Maiores en Ruta”

maiores

A Concellería de Persoas maiores decide poñer en marcha este programa de excursións que non se puido celebrar con anterioridade por mor da pandemia. O prazo para se inscribir na primeira das saídas, que terá lugar o vindeiro 27 de maio a Ribadavia, está xa aberto na Oficina de Turismo e ten un custe de 16 euros. Nos vindeiros meses as excursións serán ao Camiño pola Costa (Nigrán, Baiona, A Guarda e Tui), en setembro a Illa de Arousa e Cambados e en outubro a Silleda e Caldas de Reis.

Dende o Concellería de Persoas Maiores de Redondela salientan a importancia desta actividade que busca que os veciños e veciñas de maior idade poidan gozar dunha xornada de descanso e coñecer diferentes lugares da nosa xeografía acompañados dun guía e a prezos bonificados. A primeira das citas levará aos participantes ata Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro na que ademais poderán gozar dunha cata de viños. As prazas están reservadas a maiores de 55 anos e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro día 20 na oficina de turismo (986401913).

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A alcaldesa, Digna Rivas, lembraba que esta actividade nace con espírito de continuidade, polo que xa se coñecen os destinos elixidos para os vindeiros meses: o Camiño Pola Costa, a Illa de Arousa e Cambados e Silleda e Caldas de Reis.

Rivas explica que estas excursións están enmarcadas nun programa máis amplo que busca fomentar un envellecemento activo, que é un dos obxectivos da Concellería de Maiores creada neste mandato. Nese sentido apunta programas como “Maiores conectados” xa en marcha tanto en Redondela como nas parroquias e que busca “que os maiores non se queden atrás no ámbito tecnolóxico” ou “Maiores en movemento” con actividades físicas pero tamén cognitivas para fomentar unha vida saudable e satisfactoria en todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará