Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe da Deputación máis de medio millón de euros para executar o aparcadoiro de Vilavella

nave

A achega permitirá ao goberno local poñer en marcha un proxecto que quedara en suspenso logo de que o pleno municipal non dera o seu apoio ao financiamento da obra. Unha inxección económica que supón preto do 27,5% do total do orzamento do plan provincial destinado a Redondela e que servirá para derrubar a nave industrial situada ao carón do Convento e construir nese espazo un aparcamento disuasorio que contará cun total de 150 prazas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder ao concello de Redondela 546.540 euros da liña 1 do Plan Concellos, unha achega económica coa que o Concello poderá executar o aparcadoiro disuasorio en Vilavella. Unha subvención, que representa preto do 27,5% do orzamento do Plan Concellos 2022-2023 destinado a Redondela (1.992.862 euros)..

O aparcadoiro proxectado contará con 150 prazas e seis delas estarán adaptadas ás necesidades das persoas coa diversidade funcional. Estará situado na contorna da Praza de Ponteareas e o Convento de Vilavella, nunha parcela ocupada na actualidade por unha nave industrial que será demolida.

Con esta actuación, explican dende o ente provincial, acadarase a reurbanización integral do espazo urbano e eliminaranse as barreiras arquitectónicas, porase en valor o Convento de Vilavella -ao eliminar o a nave que se lle uniu e que empobrece o conxunto- e mellorarase a relación do espazo co río Maceiras. Ademais, reduciranse as emisións contaminantes producidas polo tráfico rodado. Todo isto permitirá a mellora da calidade do espazo urbano e a súa activación social, cultural e económica.

Unha obra que, con todo, non conta co apoio unánime da corporación como se puido comprobar nun debate plenario no que o goberno local non foi quen de sacar adiante a súa proposta para realizar a actuación. Aer defendía que se reducirá o número de prazas de estacionamento e se dedicara parte do espazo a zona verde, mentres que dende o BNG criticaban unha actuación que ao seu entender supón botar asfalto ao carón do Alvedosa na vez de converter esa parcela nun espazo de aproveitamento público. O PP tamén rexeitara a proposta alegando que era preciso un debate en torno a remodelación da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará