A alcaldesa, Digna Rivas, visitou a casa do pintor e restaurador redondelán, Ángel Barros para facerlle entrega da documentación precisa para iniciar o proceso de doazón da obra do artista ao pobo de Redondela. Este é o primeiro paso para a creación dun proxecto museístico coa obra de Barros edar así cumprimento ao acordo plenario no que todos os grupos políticos apoiaron esta medida promovida por varias asociacións locais.
Durante a visita á vivenda de Ángel Barros no Camiño do Cadaval, Rivas coñeceu con detalle o fondo pictórico do pintor e restaurador quen explicou a rexedora local, polo miúdo, os proxectos nos que está traballando e os detalles do proceso. Amais amosoulle numerosos cadros de pintores como O Greco, Velázquez, Rubens ou Vermeer, algúns deles expostos en pasadas exposicións feita en Redondela.
“A obra de Ángel Barros debe ser difundida e exposta como parte importante do patrimonio artístico redondelán”, afirmou Digna Rivas quen expresou ao artista “que a esta primeira iniciativa segurián outras como a catalogación da obra do pintor e a creación dun museo de acordo do propio artista”.