Un total de 30 alumnas da Escola de Danza Deborah realizaron este mércores os exames da Royal Academy of Dance no Centro Recreativo de Redondela. Durante unha intensa xornada unha examinadora chegada dende Portugal, Sandra Estévez, foi a encargada de avaliar ás rapazas, nenas de entre 9 e 16 anos de idade.
As 30 alumnas procedían de Escola de Danza que dirixe Deborah Alfaya. Os exames de diferentes niveis, grao 2 e 5, realizáronse nunha das salas do Centro Recreativo. Foi unha das examinadoras da Royal Academy of Dance a encargada de realizar a tarefa de avaliación.
A institución británica fundouse no ano 1920 está presente en 84 países. En todo o mundo os exames RAD son recoñecidos pola súa calidade e cada ano, case un cuarto de millón de candidatos elixen realizar os seus exame de baile con eles.