Un veciño de Vigo resultaba ferido leve na mañá de hoxe tras sufrir un accidente ao seu paso pola parroquia de Chapela. O sinistro producíase ao redor das 9:30 horas da mañá cando o vehículo que conducía se precipitaba por un noiro á altura da Avenida de Redondela. Segundo informan dende a Policía Local, malia o aparatoso do accidente o home resultou ferido leve a foi trasladado a un centro hospitalario en Vigo.
Todo apunta a que o condutor quedou durmido mentres conducía o que fixo que perdera o control do vehículo, colidía contra unha baranda da estrada e se precipitara ao chan. Nas labores de rescate interviron axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Redondela.