Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CR Chapela-Wofco triunfa no Campionato Galego de Traiñeiras

283706989_4917194618409110_7035992804384617140_n

Esta fin de semana celebrouse na enseada de Meira o campionato da Liga Galega de Traiñeiras 2022. O Club Remo Chapela-Wofco conseguira clasificar no campionato a tres embarcacións: O absoluto feminino, o  xuvenil masculino e o absoluto masculino.

As rapazas Chapela-Wofco do absoluto feminino volveron levar o triunfo seguidas no podio polo CR Ares e o CR Cabo de Cruz.  O xuvenil masculino quedou de cuarto na clasificatoria e o absoluto masculino non logrou quedar nos primeiros clasificados.

Cabe destacar que na categoría de xuvenil feminina o CR de Cesantes conseguiu clasificarse no segundo posto. En canto o campionato de veteranos, celebrado tamén en Meira, o Club de Remo de Chapela conseguiu a vitoria co equipo masculino.

O seguinte encontro terá lugar en augas de Bueu, onde se disputará o LXXV Campionato de España de Traiñeiras 2022. Comezará o Sábado, 28 de maio ás 18h e a final celebrarase o domingo 29 ás 10:30h.

Resultados femininos: Xuvenís: 1. Náutico Riveira, 16.45:23 2. Cesantes, 18.18:14; 3. Puebla, 18.59:67. Absolutos: 1. Chapela, 15.10:28; 2.Ares, 15.17:05; 3.Cabo Cruz, 15.34:25; 4.Rianxo, 15.42:47; 5.Tirán, 15.52:78.

Resultados masculinos: Xuvenís: 1.Cabo Cruz, 14.17:70; 2.Samertolaméu, 14.21:14; 3.Puebla, 14.39:75; 4.Chapela, 14.45:58; 5.Cabana-Ferrol, 14.53:37. Absolutos: 1.Cabo Cruz, 13.18:24; 2.Samertolaméu, 13.20:11; 3.Bueu, 13.27:11; 4.Ares, 13.30:38; 5.Robaleira, 14.05:01.

Resultados Liga Veteranos de traiñeiras: Feminino: 1.- Puebla, 8.11:57; 2.- Cabo Cruz, 8.14:76. Masculino: 1.- Chapela, 13.37:54; 2.- Tirán, 13.38:39; 3.- Cesantes, 14.05:73; 4.- Esteirana, 14.17:82; 5.- Muros, 14.18:27; 6.- Rianxo, 14.55:61.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará