Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadores da residencia Mi Casa de Pazos aseguran que os usuarios reciben as “atencións correctas”

mi casa

O equipo de limpeza e auxiliares da residencia Mi Casa quixeron amosar o seu total apoio á dirección da residencia de Amoedo logo das informacións que denunciaban o suposto maltrato sufrido polo usuarios. A través dun comunicado os traballadores aseguran que “as imaxes difundidas nada teñen que ver coa realidade, que a información está manipulada e que tanto as dependencias como as atencións aos usuarios atópanse en correctas condición, mantendo de forma continuada o cumprimentos dos diferentes criterios técnicas e organización da empresa”.

Engaden ademais no seu apoio a empresa xerente do centro que “nunca se escatimaron esforzos por manter a residencia nas mellores condición posibles, levando a cabo as reformas necesarias”.

Unhas declaracións que chegan logo de que a Xunta da Galiza anunciara a apertura dun expediente a esta residencia tras a denuncia da Asociación Galega de Familiares e usuarios de residencias Vellez Digna sobre graves deficiencias no coidado sanitario dos maiores, na hixiene e na alimentacións dos mesmos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará