Esta iniciativa da Xunta visitará Redondela os días 3, 6, 7 e 8 de xuño, ofrecendo servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto. As persoas interesadas deben solicitar cita no 622748283.
Un programa que está a percorrer toda galicia e que busca achegar estes servizos de balde a persoas de maior idade. Concretamente, os usuarios que así o demanden recibirán unha consultar básica de podoloxía que inclúe unha valoración do estado xeral do pe, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas callos e helomas. Tamén se oferta o servizo de audioloxía, que inclúe a valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Finamente as persoas que se acheguen acceder´na tamén ao servizo de estimulación da memoria. Neste servizo un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapeútica de cómo previr e diminuir un deterioro en caso de habelo.
Poden beneficiarse deste servizo aquelas persoas maiores de 55 anos que soliciten cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. En total son oito os autobuses que percorren Galicia. No caso de Redondela o servizo ofrecerase os días 3, 6, 7 e 8 de xuño en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas.