Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Círculo de Chapela pon en marcha un campamento náutico para a conciliación familiar

campamento

Co obxecto de facilitar a conciliación laboral e familiar pero tamén ofertar aos nenos e nenas da parroquia actividades diversas, o Círculo Cultural de Chapela propón un campamento cun programa cheo de deportes náuticos.Vela, kaiak, paddle surf ou banana así como diferentes actividades na praia son algunhas das propostas que inclúe este programa que se desenvolverá dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As inscricións, por días soltos, semanas ou meses enteiros, pódense facer no 986 451556 ou na sede do Círculo.

As actividades, que contan coa colaboración do Concello, están orientadas a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos desenvólvense en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas, un horario pensado para que pais e nais poidan conciliar vida laboral e familiar e para que os nenos conten cun espazo no que gozar de actividades lúdicas e deportivas. De feito, pódese contratar a maiores tanto o servizo de comedor como o plan madruga. O Círculo Cultural oferta o servizo durante dous meses podéndose contratar días soltos ou semanas concretas dependendo das necesidades dos asistentes.

Os prezos van dende os 160 euros que custa o mes enteiro, 105 euros unha quincena ou os 65 euros que terán que abonar os que se acheguen ao campamento unha semana. Algo máis económico é o prezo para os socios da entidade, aos que se lle aplicarán diferentes rebaixas nas cotas.

As persoas interesadas poden informarse nos teléfonos 986 451556 ou na páxina do Círculo Recreativo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará