“Persoas maiores conectadas” é un curso organizado polo Concello de Redondela no que busca a inclusión tecnolóxica das persoas maiores e, sobre todo, que aprendan a usar con autonomía todas as posibilidades que lles ofrece o seu teléfono móbil. Algo imprescindible para estar actualizado nos avances que nos permiten mellorar a nosa calidade de vida.
A actividade que se esta desenvolvendo en 13 parroquias do municipio, comezou o 14 de marzo e continuará ata rematar a primeira semana de xullo. O curso completo te unha duración de 26 horas distribuídas en clases de unha hora e media á semana. Ademais de impartirse en diferentes parroquias tamén se está a desenvolver no Multiusos da Xunqueira. Falamos con algúns dos alumnos e alumnas que se animaron a inscribirse nesta formación así como co seu profesor, Alberto Fernández.
Explica este monitor,cunha longa traxectoria traballando con persoas maiores, que se trata duna experiencia moi satisfactoria. Para el o importante é que os seus alumnos e alumnas sexan completamente autónomos ao rematar o curso, aínda que moitos comezan dende cero. As primeiras clases foron sobre iniciación ao Smartphone, pero xa avanzaron no uso de aplicación como Play store ou WhatsApp.
Unha das aplicación que destaca como máis importante é a do Sergas xa que esta é especialmente útil para as persoas maiores. Con ela poden acceder ao seu historial de saúde, coñecer as súas citas médicas ou xestionar diferentes cuestións médicas.
A clase está composta por algo máis de 10 persoas entre as que se atopan Carmen, Lina, Moni, Juan e Virginia. Contan que teñen teléfono dende fai anos, pero que nunca lle sacaron rendemento.
Hai quen ademais de poder empregar o teléfono ou aplicacións básicas ten intención de ir máis aló e embarcarse nas redes sociais. É o caso de Lina, que xa están comezando co Instagram, porque quere usar esta rede para poder ver as fotos dos netos.
Moni tiña xa algunha idea previa. Con todo, destaca a importancia de aprender a instalar unha aplicación, xa que ata o de agora tiña que depender da familia para facer este tipo de descargas. A app do Sergas é unha das que máis lle interesan.
Aprender pero tamén divertirse. Así o explica Carmen, quen asegura que lle gustou aprender a usar os axustes. Tamén conta que aprendeu a importancia de limpar o móbil para forrar batería e recoñece a paciencia que o profesor está a ter con todos eles.
Moitos dos avós e avoas do curso quedaron moi satisfeitos co aprendido. Juan e Virginia afirman que aínda que uns compañeiros saben máis que outros, axúdanse entre eles para aprender.
Ademais da información e aprendizaxe que reciben durante as clases, o curso tamén sirve como lugar de encontro para socializar. Alberto Fernández entende que este tipo de actividades máis aló do formativo son un xeito de que as persoas maiores saian da casa e interactúen con máis xente. “veñen a aprender pero tamén a falar e relacionarse”.
Unha labor de ensinanza que pasa tamén por ser un pouco social. De feito Alberto explica que malia que os alumnos e alumnas axúdanse moito entre eles, nalgúns casos ten que intervir ou incluso separalos para que non se acomoden ao pedir axuda do compañeiro. Unha das dificultades que el atopa á hora de traballar con persoas maiores é a inseguridade destes para preguntar. O seu obxectivo é que ninguén saia da aula con dúbidas.
Despois de dous meses de curso, aprenderon moitas cousas sobre novas tecnoloxías, pero o máis importante segue sendo que os nosos maiores teñan autonomía e gocen da súa independencia en todos os ámbitos da súa vida. Así o consideran os profesores.
“Persoas maiores conectadas” é unha colaboración da Fundación FormaVigo co Concello de Redondela. O curso seguirá impartíndose ata principios de xullo e serve como plataforma de aprendizaxe, pero tamén como lugar de encontro e ocio para os maiores. Dende a organización esperan que esta Colaboración sega manténdose no tempo e que os resultados sexan tan vós como ata agora.