Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O poeta, profesor e columnista Ismael Ramos recibe o premio de Xornalismo Lueiro Rey de Fornelos

premio

O traballo premiado de xeito unánime polo xurado leva por título “Mentres tanto, dáme a man” aborda a visibilización da homofobia cunha perspectiva singular e npalabras de deputada de lingua María Ortega quen foi a encargada de entregar o premio desta V edición amosando a súa satisfacción porque o relato premiado estivera escrito “por xente nova, por voces como a de Ismael Ramos que ofrece un xornalismo con tinturas literarias de calidade e gran talento”. 

A deputada de Lingua María Ortega reivindicou o uso xeral do galego nos medios na entrega do V Premio Lueiro Rey de Xornalismo organizado polo Concello de Fornelos de Montes. A deputada nacionalista quixo subliñar a necesidade de que a lingua do país aborde tódalas temáticas e non só as relacionadas co propio idioma ou a cultura. Así mesmo, destacou a calidade literaria do texto do gañador da quinta edición, Ismael Ramos, e tamén da súa “soberbia” intervención de agradecemento relatando vivencias persoais, da que asegurou que, despois de escoitala, “só cabe o silencio para que as súas palabras resoen nas nosas cabezas”

En canto ao traballo premiado, titulado “Mentres tanto, dáme a man”, subliñou asúa satisfacción por estar escrito“por xente nova, por voces como a de Ismael Ramos que ofrece un xornalismo con tinturas literarias de calidade e gran talento, que ademais aborda un asunto como a visibilización da homofobia cunha perspectiva singular”. 

O poeta, profesor e columnista Ismael Ramos fíxose co Premio de Xornalismo Lueiro Rey pola elección unánime do xurado, formado por Ramón Nicolás, Carme Vidal, Ramón Rozas e Carmen Carreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará