A Fundación FormaVigo abre o prazo para se inscribir nun programa que leva por nome “Coidate para coidar” e que busca asesorar e achegar ferramentas a todas esas persoas, maioritariamente mulleres, que asumen o coidado dos seus maiores e dependentes. A actividade desenvolverase en Redondela, Cesantes, Cidadelle, Reboreda, Ventosela e Cabeiro. A inscrición pode facerse no correo formación@fundacionformavigo.com ou no teléfono 600 06 01 46.
“Cóidate para coidar”´e un programa que busca ser un espazo de información, asesoramento, escoita activa e acompañamento ás persoas que teñen ao seu carga a dependentes. Adoitan ser mulleres que están coidando unha persoa dependente, ao que engaden as responsabilidades familiares e o traballo, no caso de realizar tarefas fora da casa. Unhas responsabilidades que poden dar lugar a problemas no propia coidadora, ao verse sobrepasada pola situación e que atoparán neste espazo que lles axuden a xestionar o estrés que supón esta situación.
Neste programa ofreceranse sesións individuais e grupais, convidarase a persoas expertas sobre distintas temáticas e buscarase crear unha rede de apoio para facilitar as necesidades que teñan as familias.
Logo de presentarse en varias parroquias hoxe pola tarde realizarán charlas no Centro Cultural de Cabeiro e no de Cidadelle ás 19:00 horas
En colaboración co Concello esta Fundación ten xa en marcha outras actividades como un curso de “persoas maiores conectadas” que se está a impartir en 12 parroquias e que busca que os maiores aprender a empregar un smarphone e poder acceder así a servizos tan necesarios como o esaúde da xunta ou mesmo calquera información que poidan atopar en Internet