As rapazas do equipo Infantil feminino fixéronse co título de Campioas da Liga e da Copa Galega, dúas vitorias que lles permíten o pase directo ao Sector Nacional onde pelexarán por estar entre os mellores equipos de España.
O conxunto redondelán disputou a final da Copa Galicia o sábado 28 no Pavillón da Bomboneira. Enfrontáronse ás viguesas do AD Carballal, logrando unha avultada vitoria 16-30 a favor da SAR.
O presidente do Club Aurelio Krook ou “Lito” , conta que o equipo tivo unha tempada moi lineal na que só perderon un partido na Cañiza. Isto que demostra que con esforzo poden chegar a onde queiran, xa que son un equipo moi potente e o futuro da canteira.
Segundo o presidente, no Club SAR Rodavigo “a canteira feminina é moi forte e está consolidada dende as benxamíns ás sénior, con todo sempre se precisan rapazas que estean dispostas a adestrar e pasalo ben”. Desta forma Lito quere animar a xente a unirse ó equipo para desfrutar, divertirse é facer deporte.
As rapazas están ilusionadas e implícanse de cheo participando incluso na promoción das actividades e eventos deportivos que organiza o club. Neste sentido destaca que “foron polos comercios locais a colgar carteis para animar a xente a vir os partidos do Sector Nacional Infantil”.
Despois de acadar o título de campioas de Liga e campioas da Copa Galicia, prepáranse para enfrentarse a equipos que veñen dende o País Vasco, Valladolid ou Canarias. As mellores xogadoras de España da súa categoría reuniranse no Pavillón da Bomboneira do 2 ao 5 de xuño.
Partidos do Sector Nacional
Xoves 2: 20:30h SAR Rodavigo vs Kukullaga Etsebarri.
Venres 3: Kukullaga Etxebarri vs SPL Tiñosa Pto del Carmen 18h/ 20h Villanueva Siero “A” Vs Hand Vall Valladolid.
Sábado 4: 18h: SAR Rodavigo vs SPL Tiñosa PTO Del Carmen/20h Hand Vall Valladolid vs Villanueva Siero A.