Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escasa repercusión da folga de Correos en Redondela

correos

Arrancaban hoxe tres días de folga convocados polos sindicatos CCOO e UXT “polo abandono do servizo postal público”. Un paro con escaso seguimento en Redondela no que tan só tres traballadores dos 20 carteiros que integran o cadro de persoal secundaron esta protesta. Os sindicatos convocantes insisten na necesidade da protesta e denuncian que Correos perdeu xa máis de 7.000 empregos dos 55.000 que tiña en 2018

Abandono do servizo público e amazonización de Correos, é o que denuncias os sindicatos que na xornada de hoxe convocaron un paro que se vai prolongar ata o venres a nivel estatal. Unha mobilización que se deixaba sentir tamén en Madrid a onde centos de traballadores deste servizo se desprazaron para facer oír as súas demanda que pasan por recuperar os empregos perdidos estes anos.

Alba Luz Malde, UXT Correos

Os sindicatos reclaman “a paralización do desmantelamento de Correos e o abandono do servizo” e sinalan como culpable ao seu presidente, Juan Manuel Serrano. Denuncian ademais o novo modelo de distribución implantado pola empresa que conleva unha diminución de espazos e persoas nas unidades de reparto para deixar paso a paquetería comercial da filial de Correos Express, que sería atendida por traballadores subcontratados e precarizados.

Denuncian tamén que Correos “está a ocultar a súa intención de incluír” na oferta de emprego máis de 3.000 postos parciais (40 % do total), “o que elevaría os empregos lixo actuais ata un inaceptable 30 % do total do persoal”, comentan CCOO e UXT.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará