Este ano o Club SAR Rodavigo é o patrocinador oficial do Sector Nacional Infantil de balonmán. Celebrarase no Pavillón da Bomboneira do 2 ao 5 de xuño. Durante estas xornadas o conxunto redondelán enfrontarase aos mellores equipos de toda España entre os que se atopan o equipo vasco Kukullaga Etsebarri, o asturiano Villanueva Siero “A” ou o valisoletano Hand Vall Valladolid.
O Equipo Infantil Feminino SAR Rodavigo ven de gañar a Liga e a Copa Galega de forma consecutiva. Como campioas galegas serán as anfitrioas de equipos que veñen do País Vasco, Valladolid, Asturias e Canarias. O Presidente do Club, Aurelio Krook, conta que este vai ser un campionato moi emocionante no que se medirá a forza das xogadoras.
Aureliano Krook espera que o Pavillón da Bomboneira estea cheo esta fin de semana. Anima a afección a apoiar as xogadoras que son o futuro da canteira. Serán partidos moi intensos e competitivos pero que servirán tamén para establecer lazos e amizade entre as distintas comunidades.
Unha competición deste nivel conleva un esforzo extra de xestión para a administración do club, xa que implica ofrecer as necesidades de aloxamento e dietas a un número moi elevado de rapazas. Durante os 4 días que dura o evento aloxaranse xuntas nun albergue de Redondela onde poderán convivir e compartir unha experiencia moi completa que inclúe actividades como unha visita guiada a Meirande.
O presidente agradece de forma especial o patrocinio de Rodavigo e o comercio local, xa que considera que traer un sector de fora implica uns gastos moi elevados que non poderían asumir sen apoio.
Do 2 ao 5 de xuño celebrase un dos eventos máis importantes para o club SAR Rodavigo, unha cita obrigada para todas e todos os afeccionados o balonmán.
Partidos do Sector Nacional Infantil Feminino
Xoves 2
20:30h SAR Rodavigo vs Kukullaga Etsebarri.
Venres 3
18h Kukullaga Etxebarri vs SPL Tiñosa Pto del Carmen
20h Villanueva Siero “A” Vs Hand Vall Valladolid.
Sábado 4
18h SAR Rodavigo vs SPL Tiñosa PTO Del Carmen
20h Hand Vall Valladolid vs Villanueva Siero A.