Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Kite Surf

277588684_378132660987074_8460635075983594674_n

Riders de toda Galicia participarán no Campionato Galego de Kite Surf que se celebra os días 4 e 5 de xuño na enseada de San. O evento está organizado por TMKiteClub de Cesantes e o Concello de Redondela e disporá de 4 categorías distintas en función da táboa empregada polos deportistas.

O Kite Surf é un deporte individual no que o rango de idade é moi grande, polo que  pode verse competir ao mesmo nivel persoas de entre 60 e 14 anos. Todo un espectáculo no que cada categoría está definida polo tipo de táboa, pero tamén polo tipo de manobras e acrobacias que se poden facer coa Vela (TWINTIP Masculino, TWINTIP Feminino, SURF e FOIL).

Durante dous días realizaranse as máximas probas e elixiranse as 3 mellores actuacións de cada categoría. Os premios consistirán nun trofeo ofrecido polos organizadores e unha placa conmemorativa da Federación Galega de Vela. Ademais, este ano contan co patrocinio da marca de aceite Abril que obsequiara os gañadores cun paquete de produtos.

Os deportes de vela depende moito das variacións do tempo, polo que sempre pode haber cambios de última hora. As probabilidades de vento térmico para esta fin de semana atópanse nun 60%, unha predición meteorolóxica que fai perigar a data desta edición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará