Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CIG mobilizarase diante da residencia Mi Casa

mi casa

O sindicato nacionalista convoca para o vindeiro luns día 6 ás 11:30 unha concentración reclamando solucións para unha residencia de Pazos de Borbén en medio da polémica logo de que se denunciara, por parte do colectivo Vellez Digna, o trato vexatorio que supostamente estarían recibindo os usuarios deste centro de maiores.

Lembran dende a CIG que o historial de “situacións anómalas” nesta residencia ven de lonxe pero que ante “a falta de control por parte da administración” derivou nun trato que non se pode consentir cara os maiores.

Transi González, secretaria nacional da Federación de Servizos da CIG cualifica de “inhumana esta situación” e fala dun trato vexatorio cara eses residentes “con infraccións tan graves como deixar de limpar, non cambiarlles os cueiros ou non darlles de comer”. Infraccións en materias básicas que entenden non están a ter a resposta contundente que deberían por parte da Consellería de Política Social.

Entenden que é urxente que a Administración actúe con maior eficacia e celeridade cando estamos falando de persoas en moitos casos indefensas pola súa situación de saúde. Esa é unha das reivindicacións que levarán a rúa o vindeiro luns cunha concentración que, malia o horario de mañá,  confían en que teña apoio de veciños e veciñas para “denunciar que estas condicións non poden continuar así e que urxe actuar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará