O campo da Gándara vivía este domingo unha xornada intensa e chea de emoción. O equipo de Cesantes xogábase a permanencia na 2ª Galicia nun encontro que se disputaba onte na parroquia e que rematou cunha contundente vitoria dos locais ante o Monteporreiro. 4-1 foi o resultado do partido que lles permite aos de Mon Sanromán manter a categoría.