Unha actividade organizada pola Biblioteca municipal Xela Arias aberta a todo o público que queira achegarse e que se vai desenvolver este venres día 10 ás 19:00 horas.
Contos arredor do lume quere “aproveitar o bo tempo do verán para gozar da literatura oral nun fermoso miradoiro natural” da man da narradora Alba Grande que achegará contos de tradicións populares que falarán de lumes grandes e pequenos, de fragas e paxaros e de cobras e mulleres. Contos que tamén falan de igualdade, de coraxe e solidariedade, así como da chama interna que precisamos para andar o noso camiño. Contos que son, ademais, un fermoso alegato sobre o coidado da natureza.
A asistencia a actividade –incluída dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Concello de Redondela–, é totalmente de balde e non precisa inscrición previa.