Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para se inscribir nos obradoiros de novas tecnoloxías para as persoas maiores

avós

A iniciativa conxunta das concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores busca que poidan utilizar con soltura caixeiros automáticos ou aplicacións do teléfono móbil de utilidade

Os obradoiros estarán formados por un máximo de 15 persoas o que permite un mellor aproveitamento da actividade na que, as e os participantes, adquiriran coñecementos sobre o funcionamento das máquinas de quendas dos centros oficiais (Concello, centro de saúde…), utilización dos caixeiros automáticos das entidades bancarias, sacar o máximo aproveitamento das funcionalidades do seu teléfono móbil e, en especial, á aplicación do Sergas que permite desenvolver todos os trámites sanitarios precisos.

O obradoiro trata, polo tanto de ofrecerlle unha axuda práctica sobre dispositivos vinculados ás novas tecnoloxías que son de uso cotiá e saber como facer uso do caixeiro automático, de uso case que obrigado, ou como coller quenda nas máquinas que existen en case que todos os organismos públicos.

As persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude, a partir de hoxe luns 13 de xuño, no Multiúsos da Xunqueira e no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Posteriormente comunicaráselle ás persoas inscritas os horarios en que se desenvolverán os obradoiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará