O exalcalde e actual deputado do PP no congreso era proclamado esta fin de semana como lider local no 9º congreso celebrado polo populares no Convento de Vilavella. Un nomeamento que era aplaudido polo presidente do PP galego e da Xunta, Alfonso Rueda, quen adiantaba a necesidade de que dentro dun ano o PP de Redondela non só saia a gañar, senón que o faga con maioría absoluta.
Ademais da militancia local entre os asistentes a este congreso estaban a Vicepresidenta segunda da mesa do Congreso dos deputados, Ana Pastor ou a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias
Na súa intervención, Alfonso Rueda remarcou que nas próximas eleccións municipais “non serve soamente gañar”. E pedíalles aos seu votantes que “aprendamos a lección, que nos deamos conta do que pasou no pasado: hai un líder que precisa unha maioría absoluta. Non hai outra maneira de facelo”.