Alumnado do IES Illa de San Simón participaron nunha experiencia piloto da Concellería de Deportes que xestiona Nacho González, e que busca que a mocidade e a infancia tome contacto co mundo da navegación deportiva a vela. A recuperación das tres embarcacións “é o primeiro paso para un proxecto máis ambicioso que permita que, mozos e mozas, poidan iniciarse no mundo da vela e aproveitar o incomparable marco que, para ese tipo de deportes, ofrece a enseada de San Simón”.
Para esta primeira toma de contacto coa navegación a vela, mozos e mozas contaron co apoio de Domingo Salinas, profesor de Educación Física do IES Illa de San Simón encargado de achegar aos participantes as primeiras nocións de navegación.
Esta experiencia piloto ten como obxectivo establecer as bases para un programa estable que se poida engadir a ampla oferta deportiva que ten Redondela”.