Redondela volveu gozar coas Festas da Coca, que logo de vencer ao Covid lograron tamén vencer ás inclemencias meteorolóxicas. A chuvia ameazou durante estas dúas xornadas as celebracións máis tradicionais como a elaboracións das alfombras florais ou a Danza das Espadas e as Penlas, pero finalmente os centos de veciños que se achegaron ao vila a gozar desta tradicións puideron ver eses tapices florais e ese baile que tanta expectación tiña espertado coa incorporación dunha moza. Un debut o de Marta Míguez que non se producirá ata o domingo. Unhas festas que arrancaban cun reivindicativo e emocionado pregón a cargo da presidente da ONG Damán, Pilar Martínez.
Baixo un ceo que ameazaba chuvia a alcaldesa, Digna Rivas, era a encargada de dar paso a Pilar martínez, médico pedriata e involucrada en diferetnes causas solidarias, primeirio co pobo saharaui e actualmente a través da ONG Damán con Senegal.
Logo de dous anos as celebracións arrancaban como marca a tradición: co relevo das penlas, o recoñecemento ás e ós floristas que traballan arreo para elaborar as alfombras florais e o pregón, no que Martínez quixo tamén facer un recoñecemento “aos servizos públicos que durante estes dous anos foron fundamentais para poñer en funcionamento todos os recursos de atención e coidado para toda a poboación” e amosando a súa satisfacción pro poder “recuperar o tempo perdido nestes anos nos que non puidemos gozar das nosas festas”.
Aproveitou tamén para lembrar a súa chegada a Redondela, no ano 1979, e como foi acollida por esta vila na que naceron as súas fillas e node chegou a ser concelleira de saúde e medio ambiente, para abnadonar logo a política local e involucrarse en causas solidarias como a axuda ao Pobo Saharui primerio e a fundación da ONG Damán despois, organización que actualmente desenvolve proxectos sanitarios e educativos en Senegal
Todo iso grazas tamén a un pobo “solidario, que sempre estivo disposto a colaborar con nós” . Unha Pilar Martínez emocionada que non dubidada en berrar “vivan as festas da Coca”.
Houbo tamén recoñecemento para José Ramón Núñez, durante moitos anos responsable da danza das espazas, quen lembraba os seus inicios xa nos anos 80 sendo un rapaz
Unhas festas que continuarán hoxe con balonmán na rúa a partir das 18:00 horas e os concertos de Chaleco Reflectante (21:30 horas) e Dakidarría ás 22:45.
O sábado a festa inclúe música para os máis pequenos cun concerto infantil na praza da Constitución ás 19:30 horas e unha cita ineludible para nostálxicos, a actuación de Los Secretos ás 22:00 horas a quen lle seguirá a orquestra Ritmo Joven.