Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

412 km solidarios para loitar contra o cancro infantil

Carreira Solidaria

O redondelán Antonio Figueroa e o catalán Óscar Griño arrancan este martes unha carreira solidaria que  percorrerá os 412 kilómetros que separan os catro grandes hospitais de Galicia. Unha proba non competitiva, que busca recadar fondos para axudar as organizacións que apoian e acompañan ás familias con nenos e nenas que padecen cancro infantil. As colaboracións pódense facer a través da páxina solidaria.galicamáxica.

Percorrer os 412 quilómetros que separan aos catro grandes hospitais galegos en 120 horas. Ese e o reto que afrontarán o redondelán Antonio Figueroa e o catalán Óscar Griño, e que arrancará este martes ás 12:00 horas dende o hospital Lucus Augusti de Ourense. Figueroa é consciente do difícil que é para afrontar a enfermidade dun fillo, algo que viviu na súa pel logo de que lle diagnosticaran leucemia a un dos seus fillos con tan só dous anos. Unha situación que se complica aínda máis para as familias que sendo de fora teñen que desprazarse a Vigo para seren atendidos no Alvaro Cunqueiro. Diferentes asociacións colaboran para facilitarlle un lugar no que residir na cidade mentres dura ese tratamento ou para achegar atención psicolóxica neses difíciles momentos.

Para custear axudas como esa, decidiu facer unha carreira solidaria xunto co catalán Oscar Griño. Naquela ocasión foi en Cataluña e lograron recadar 7.000 euros.

Repiten agora experiencia pero en Galicia. Co gallo da presentación desta proba Antonio Figueroa era recibido na Casa do Concello pola alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Deportes, Nacho González, nun acto no que a rexedora local gabou a iniciativa “que ven a poñer de manifesto que á hora de falar de accións solidarias, sempre hai un ou unha redondelá en primeira liña”.

Figueroa explica que se trata dunha carreira non competitiva, polo que non haberá dorsais, e as persoas que se animen a facer algúns quilómetros con Antonio Figueroa e Óscar Griño poderán facelo cunha doazón de 1 euro por cada quilómetro que percorran. “Canta máis xente se anime a facer este desafío con nós, máis diñeiro achegaremos ás asociacións que axudan as familias das nenas e nenos oncolóxicos”, explican os organizadores.

Para os que non poidan facer parte do percorrido e queiran contribuír a este reto solidario, na páxina web https://solidaria.galiciamaxica.org/

Entre as persoas colaboradoras –tanto corredores/as como aquelas que fagan doazóns–, haberá un sorteo de agasallos como unha TV, camisetas de deportistas ou dous pandeiretas asinadas por Susana Seivane, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará