María González Lago continuará como presidenta do Club de Balonmán de Chapela tras ser a única candidata que se presentou os comicios desta fin de semana. Trala morte do seu pai, Manuel González Soto, en 2019 asumiu as responsabilidades administrativas en momentos difíciles que coincidiron coa pandemia do covid-19.
Manuel González Soto estivo vinculado ao club de Chapela case 40 anos como xogador e adestrador. O pavillón chapelano leva o seu nome e a súa traxectoria foi recoñecida coa medalla de ouro da Consellería de Deportes e da Real Federación Española de Balonmán. O técnico estivo ao mando da directiva dúas décadas, sabendo adaptarse ás distintas circunstancias de cada momento.
Agora, a súa filla María González, será quen substitúa a unha das figuras máis coñecidas e respectadas do balonmán galego. A nova directiva está moi vinculada a entidade como xogadora e conta ademais coa importante experiencia que lle aportaron estes dous anos como presidenta en funcións.