María González Lago continuará como presidenta do Club de Balonmán de Chapela tras dous anos difíciles nos que se enfrontou a dificultades persoais e problemas derivados da pandemia. Nesta nova andaina ten como obxectivo facer regresar o Rodosa-Chapela á Primeira Nacional e consolidar a os equipos base que entende que son o futuro da canteira.
González presentou a súa dimisión ao cargo como presidenta en funcións a principios de xuño co obxectivo de que houbera máis candidaturas. Finalmente, foi a única candidata a presidencia e confirmase un ano máis á fronte da directiva.
Trala morte do seu pai, Manuel González Soto, en 2019 asumiu as responsabilidades administrativas en momentos nos que a pandemia do covid-19 facían máis difícil o traballo. Estes dous últimos anos fixeron que collera experiencia e consolidara a o equipo administrativo que está conformado na súa maioría “por xente moza con ganas de traballar e levantar o club”.
González considera que o seu pai foi unha figura moi importante no seu aprendizaxe. O exdirectivo levaba 20 anos ao mando do club e ela puido nutrirse da súa experiencia. A nova presidenta aprendeu ferramentas necesarias para levar a parte burocrática, así como a encargarse do eido económico do club.
Fran Teixeira, o adestrador do equipo de Primeira Nacional do Chapela faleceu o principio desta tempada, algo que afectou de maneira moi directa os xogadores e provocou o descenso de categoría. A presidenta ten claro que o obxectivo da nova tempada é facer crecer o equipo e chegar ás fases de ascenso cunha canteira consolidada.
O Chapela está pasando por momentos difíciles, nos que os cambios administrativos e as perdas de figuras importantes marcaron a tempada. Dende a nova directiva piden apoio e empresas dispostas a patrocinar o futuro da club e animan aos rapaces e rapazas a probar e formar parte da gran familia que conforman.