Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estrea páxina web para promover a oferta turística do Concello

paxinaweb

O obxectivo é ofertar tanto a veciñanza como aos visitantes unha ferramenta “útil e dinámica” na que poder atopar  información interesante sobre os atractivos turísticos, patrimoniais ou culturais do Concello, ademais de datos útiles á hora de buscar aloxamento ou un lugar nos que comer. Neste sentido, dende a Concellería de Turismo a súa responsable, María Castro, animas aos representantes da hostalaría e a hospedaxe a facer as súas achegas.

A páxina está concibida como unha ferramenta de utilidade para as persoas visitantes ou para a propia veciñanza pero, sobre todo “como elemento dinamizador para sectores locais da hospedaxe e a hostalaría”.

María Castro, concelleira de turismo, fálanos da nova páxina

Inclúe seccións ben diferenciadas –Que ver, Que facer, Onde comer, Onde durmir e Camiño de Santiago– na que se atopa información sobre distintos elementos culturais (Monte Penide, o miliario de Vilar, a igrexa de Santiago, o leguario da Pantalla…) e propostas de enclaves paisaxísticos (A Peneda, Cedeira, areal de Cesantes, paseo da Portela…). Esta información, que detalla a xeolocalización, facilitará o coñecemento da historia de Redondela así como gozar dos beneficios da natureza.

Toda esta información, recollida en tres idiomas (galego, castelán e inglés), aparece dividida en grandes bloques: patrimonio, medio natural, sendeirismo, casco urbano, gastronomía e festas. Desta maneira facilita o acceso á información por parte do visitante ou persoa interesada.

Se ben a páxina está pensada para dar a coñecer os enormes recursos que Redondela posúe en materia de turismo, “adquire unha especial importancia para os sectores da hostalaría e a hospedaxe xa que, a través do portal web, veciñanza e visitantes terán completa información de todos os establecementos que se incorporen á páxina como os datos de contacto necesarios para facer reservas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará