Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira regresa con 29 equipos despois da pandemia

2014072602020456769

Despois de dous anos de ausencia pola pandemia volve o Mundialito da Xunqueira que se celebrará do 4 ao 24 de xullo.  Nesta 46º edición o evento bate récords de participación con máis de 300 xogadores repartidos en 20 equipos da categoría sénior e 9 de cadete.

Para Álvaro Gil, coordinador e directivo do Redondela FS, o campionato non é un torneo tradicional xa que se xuntan deportistas de fútbol e fútbol sala por igual. A intención é que os xogadores de toda a comarca se divirtan e participen nun ambiente familiar e amigable.

“Non é un torneo de fútbol sala tradicional”, explica Álvaro Gil.

O torneo comeza o luns día 4 e durante 20 xornadas seguidas disputaranse 6 partidos ao día. Ás 19h da tarde comezan os cadetes e seguen os sénior ata ás 22h da noite. Un horario perfecto para os amantes deste deporte que poden compaxinar o evento coa Praia os días de máis calor do verán.

“Comezan os cadetes e despois xogan os sénior”

Este ano non haberá presenza de xogadoras femininas, algo que a club gustaríalle que cambiase no futuro.  “Intentamos promocionar a participación dos equipos femininos ou mixtos, pero nos últimos 10 anos non se presentaron suficientes”.

“Este ano non haberá nin mixto nin feminino”, comenta Gil.

Haberá un premio en metálico de 300 euros para o campión dos equipos sénior e un premio de 150 euros para o subcampión. Ademais repartiranse trofeos nas dúas categorías.

“Os premios son un incentivo para os xogadores”

Gil espera que este regreso do Mundialito da Xunqueira teña tanto éxito como o resto de anos e anima a xente a participar como espectadores dun evento que considera “todo un espectáculo dentro do mundo do fútbol”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará