Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comeza a tempada de rebaixas no comercio local

rebaixas redondela

O pequeno comercio aglutinado en torno a Asociación de empresarios de Redondela defende o 1 de xullo como data para arrancar cos descontos de verán, data que durante décadas marcou o inicio regulado das Rebaixas ata que hai unha década se aprobara a liberalización das rebaixas en España. Dende a xunta directiva da asociación aproveitan esta data para reflexionar dos resultados de dita liberalización que entenden “ten anulado o efecto chamada que estes descontos tiñan no pasado”.

Unha rebaixas que arrancan cuns descontos en torno ao 30% e aos que se suman maioritariamente os establecementos de moda e calzado, pero tamén o pequeno comercio en xeral que opta no ámbito local por manter o inicio dos descontos na data orixinal do 1 de xullo. Entenden ademais que adiantar esa data, algo que se pode facer dende o ano 2012 cando se aprobou a liberalización das rebaixas, non supón ningún beneficio para este comercio. Pola contra no caso de Galicia, onde o tempo estival non acostuma a chegar ata principios deste mes, “cando apenas teñen arrancado as vendas de verán prodúcese a irrupción do período de rebaixas, algo que se agravou coa liberalización na elección das datas o que “ten anulado o efecto chamada e adiantado en apenas unha semana o inicio das mesmas”.

O sector vive dos efectos tirón das promocións e con un consumo moi minguado que está sumindo ao comercio en xeral nun efecto de fallo de oferta agudizado polas vendas online.

Días azuis

Neste días, ademais de beneficiarse das rebaixas, os clientes do comercio local poden participar na campaña de días azuis do comercio galego. Mais de 150 establecementos de toda Redondela participan da campaña que dan ao cliente a posibilidade de facerse con tarxetas de compra de 150€ e 250€.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará