Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CUT denuncia as condicións precarias nas que se atopan as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio

saf

Aseguran que as traballadoras do SAF carecen de equipos de protección para atender as persoas maiores que teñen Covid o que lles obriga a “realizar o servizo arriscando a súa saúde e a das súas familias como xa fixeran no inicio da pandemia”. Denuncian tamén que non teñen recibido o ingreso das súas nóminas “cando xa estamos a 5 de xullo”.

Explican as traballadoras que a nova empresa adxudicataria do servizo “Os Ventos Innovacións e servicios S.L.” asumiu esta xestión o pasado 28 de maio e que non sería ata o pasado 30 de xuño cando recibiron as luvas que precisan para realizar o seu labor “despois de denunciar a situación no pleno do día anterior”.

Acusan tamén á empresa de non xestionar debidamente as gardas de emerxencia, tardes, fin de semana e festivos “o que está producindo nalgunhas ocasións incidentes graves, deixando servizos sen atender e quedando a resolución dos problemas en mans das auxiliares”.

Lamentan tamén que todas as melloras comprometidas pola nova empresa como podoloxía, perruquería ou fisioterapia “quedaran no esquecemento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. ” Que fuxan os ventos”
    A mais, con su comportamento, ca su a incapacite, ca sus gestión,…están dandolle alas o covid e o con ello facilitarle a propulsión…
    Sabíase quen e como son dende a otorgación do concurso. Era o más económico…..chegaron as consecuencias e no concello….. Anida temas tempo!!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará