O equipo Redondela Maramar está preparando a súa chegada a Terceira División, despois de dez anos de ausencia. Unha das decisións que tomou a directiva de cara a esta importante nova tempada é a fichaxe de Javi Santos como novo adestrador. O técnico expresa a súa ilusión de formar parte da familia do Redondela FS.
O técnico conta cunha longa traxectoria neste deporte que considera o seu traballo e a súa paixón. Como xogador estivo en equipos de Primeira División como o Rías Baixas, o Ourense FS ou o Miró Martorell e incluso chegou a ser un xogador internacional absoluto coa Selección Española.
A directiva do club tiña claro a decisión de incorporar o técnico no equipo e bastaron dúas reunións para chegar a un acordo, xa que comparten a mesma filosofía. Santos, remarca que a paixón que ve nos xogadores foi o que lle impulsou a traballar no club.
Na súa etapa como adestrador, estivo ao fronte de equipos como o IES Coruxo ou o Bueu FS, onde realizou grandes tempadas en terceira división. Malia que aínda nin ten claro como van a ser as dinámicas de adestramento co equipo redondelá considera que non é necesario facer moitos cambios técnicos, xa que o traballo constante dos xogadores durante tantos anos é o que define o equipo Maramar.
A seguinte tempada vai estar chea de emocións. O Redondela FS estase preparando estratexicamente para manter a permanencia, unha das acción que xa tomaron foi engadir a Javi santos na plantilla do club. Agora toca prepararse para a Terceira División, unha categoría na que enfrontaranse a moitos equipos fortes entre os que se atopan 3 de Redondela . O Pazos e o Campito chapela serán dous rivais potentes para o Maramar.