A XXI edición da Vigo Cup de fútbol sala disputada esta fin de semana deixa tres claros vencedores. O Cíos Vigo que se fixo merecedor de tres títulos, a Unión Deportiva Santa Mariña vencedores na categoría sub-6 e os xogadores do Casa Paco, que volveron amosar que en Redondela hai canteira facéndose con dous títulos
Na categoría de Sub8, o Casa Paco Rodavigo lograba a vitoria tras vencer na final ao Pecheches por 5-2, pecharon así dúas semanas de triunfos xa que o pasado domingo estes xogadores tamén formaron parte do grupo que gañou esta categoría en futbol7, baixo a dirección de Sergio Rebanal.
Por outra banda, o Casa Paco Recambios Ochoa lograba facerse co título en Sub10 tras derrotar por 3-2 ao Cíos Vigo, na que foi a única final perdida polo club vigués na xornada de onte. Nesta categoría un xogador do club de Redondela, Gerard Pérez, facíase ademais co título de mellor xogador.