Máis de 100 xogadoras e xogadores da base do club SAR Rodavigo participarán no Torneo Internacional de balonmán Paredes Cup, que dará comezo hoxe, o 13 de Xullo en Portugal.
O evento, organizado polo Concello de Paredes é un dos momentos máis álxidos do balonmán da península, non só pola competición senón porque serve de punto de encontro para equipos de todas partes do mundo. Entre os participantes atopamos países como Alemaña e Suecia, así como moitos equipos españois que chegan dende Asturias, Andalucía ou Galicia.
Paredes Handball Cup, contará coas tres vertentes do balonmán nacional, balonmán
en interior, balonmán praia e balonmán adaptado de forma que promoven a inclusión de todos os colectivos.
Este é o sexto ano que o club redondelán participa e levará a Portugal a máis de 100 xogadores e xogadoras das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. Estarán 5 días competindo polo Trofeo de Paredes pero tamén terán tempo de gozar con actividades, animación e a través da convivencia cos equipos doutras comunidades.