A quinta edición do Kite Fest Cesantes celébrase esta fin de Semana na enseada da Illa de San Simón. Este ano conta con máis de 100 riders de todas partes do mundo que competirán nas categorías de Twntip, Kite surf, Kite foil ou Wing para gañar o Trofeo Xacobeo. O evento está organizado polo club de Kite Surf de Cesantes e o Concello de Redondela en colaboración coa Xunta e a Deputación de Pontevedra.
Ademais das competicións o festival transforma a Praia de Cesantes nun espazo con zonas de recreo, actividades para nenos e nenas e concertos. O sábado 16 tocará “La patrulla” de Baiona ás 22:30h.
A novidade de este ano son os riders internacionais. Grazas o éxito e crecemento do festival ao longo dos anos a competición subiu moito de nivel e podemos atopar entre os participantes a campións e campioas do mundo como o francés Arthur Guillebert que dispón do título de “Campión do mundo de Freestyle 2021”.
Clara Giraldo, directora e organizadora do festival, asegura que o evento é un atractivo turístico para a Vila de Redondela e aporta moita diversidade, así como riqueza cultural e económica.
Este ano as restricións da pandemia non serán un impedimento, porque ao ser un encontro deportivo ao aire libre non é necesario o uso de máscaras, nin haberá normas para o uso dos espazos. “O protocolo da federación nos impedía prestar material os participantes ”.
Dende a organización animan a xente de Redondela a gozar dun día de verán con actividades, espectáculos deportivos e música. E sobre todo a apoiar os riders redondeláns que soen quedar en posicións moi altas dentro das clasificacións, xa que temos no noso municipio a grandes deportistas.