Foto: Patry Rivas
O club redondelá de balonmán SAR prepara a segunda volta desta iniciativa deportiva de cara o verán. As xornadas de coalición están dirixidas a rapaces e rapazas entre 6 e 14 anos que poderán gozar dende o 18 de xullo de actividades lúdicas e deportivas, así como iniciarse no balonmán.
A actividade está financiada pola Secretaría Xeral Para o Deporte e a Xunta de Galicia, polo que será totalmente gratuíto. Desta volta está dividido en dúas quendas, unha do 18 ao 21 de xullo e outra do 26 ao 29 do mesmo mes.
A xornada comeza ás 9:00 da mañá e rematar á 13:00h da tarde, tempo no que os nenos e nenas participarán en actividades tanto no Pavillón da Bomboneira como na Praia de Cesantes. Ademais de ser días de convivencia en equipo tamén o son para a iniciación ao deporte, algo que o club ve como unha oportunidade de aumentar a canteira base.
Para contactar poñen a disposición do público varios números de teléfono: 647 57 07 88, 640 50 82 37 e 637 21 36 90. Tamén pódese contactar co club a través do correo electrónico veranosar2022@gmail.com creado exclusivamente para este tipo de eventos.