O Club deportivo Salitre organiza este domingo un taller de recollida de residuos, reciclaxe e creatividade artística na praia de Punta. No marco do Kitefest, festival do kitesurf de referencia en Galicia, este domingo ás 11:00 horas o Club Salitre organiza unha actividade que combina diversión e toma de conciencia responsable. Unha vez rematada a recollida de residuos na area, nenos e nenas aprenderán a reciclar este lixo e convertelo en pequenas obras de arte.
A Asociación Vodea colabora co club de Redondela na organización desta actividade que conta co financiamento dos GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro), Xunta de Galicia e Fondos da Unión Europea.
A rapazada que queira participar só ten que achegarse ao stand de Salitre no recinto do Kitefest antes das once da mañá do domingo.