A competición portuguesa tivo lugar esta fin de semana e acolleu a equipos internacionais. O Paredes Hundball Cup é un dos encontros de verán máis importantes do balonmán. Durante tres días equipos españois, pero tamén alemán e suecos, puideron gozar de partidos amistosos e actividades para socializar e facer vínculos a través do deporte.
Redondela estivo representada polos equipos base do club SAR-Rodavigo, o equipo “As Choqueiras de Redondela” é as veteranas máis coñecidas como “Sarillas”.
As veteranas volveron a casa co trofeo de bronce, despois de 4 partidos disputados nos que destacan a vitoria esmagadora fronte ás portuguesas do CA Baltar, nun partido que gañaron cun resultado de 18 fronte a 3. A final do domingo estivo moi rifada, pero finalmente perderon contra o equipo Promov Rebordosa Andebol , tamén composto por deportistas do país anfitrión.
Esta é a primeira vez que chegan tan lonxe nun campionato deste nivel e por iso “séntense orgullosas de traer a co trofeo de bronce”, conta María del Mar Unha das porteiras do equipo. Despois de 10 anos adestrando xuntas, os resultados comezan a notarse.