Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes recupera a tradicional procesión marítima do Carme

festas carmen

Tras dous anos de ausencia, a Comisión de Festas retomou este ano a organización dunhas festas patronais que durante catro días ofrecen verbenas e actos relixiosos, entre eles unha procesión por mar que por mor das mareas vai ter dous puntos de embarque: as embarcacións pequenas sairán dende o porto de Cesantes mentres que os barcos grandes, ao redor de 20, sairán dende Vigo.

“Houbo un erro en canto as mareas e non nos decatamos de que non hai calado suficiente para que os barcos de maior envergadura accedan ao peirao de Cesantes”. En todo caso, confían dende a comisión en que a xente se anime e participe aínda que sexa tendo que desprazarse a Vigo as dez da mañá do sábado 23 de xullo.

Begoña Bernárdez, secretaria da Comisión de Festas de Cesantes

Unha programación que ofrece concertos e verbenas dende o venres ata o luns con parís de Noia e Fania Blanco Show, o sábado con Foliada D’ases e Cocktail, os grupos Marbella e América S.L o domingo 24 e remata xa o luns 25 coas actuación de Manoele de Felisa e o grupo Fórmula Quinta. Tamén o luns festivo haberá procesión por terra ás sete da tarde.

Unhas festas que se financian coas doazóns e colaboracións dos veciños pero tamén con ese aparcamento na praia de Cesantes que supón un ingreso importante á hora de recadar fondos para organizar este programa. Begoña Bernárdez salienta que eses ingresos son fundamentais malia haber detrás moito traballo “temos que estar alí todas as tarde sacrificando o noso tempo de ocio”.

Unha comisión que fai un chamamento para que outros veciños e veciñas se fagan cargo da organización de cara a vindeiros anos “pero non hai quen se anime a darnos o relevo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará